CIRCUITO GALEGO POR MONTAÑA TERRA

COPA GALEGA DE CARREIRAS POR MONTAÑA

CAMPIONATO GALEGO DE CARREIRAS POR MONTAÑA

Basicamente todo o proxecto xira entorno a unha idea, quizais a máis importante, que é o auxe das carreiras por Montaña nestes últimos anos… Xustificacións moitas, como o aumento do interese pola vida sa, e que é un deporte que se realiza ao aire libre e polo tanto económico… vémolo diariamente a través das redes sociais, as App para móbiles que saíron relacionados con este deporte e a venda de accesorios, roupa e calzado específico.
En case todas as grandes cadeas podemos encontrar xa na sección de deportes todo o necesario para practicar este deporte. Estamos involucrados na difusión dunha cultura do deporte de montaña en xeral e das carreiras por montaña en particular, en beneficio do colectivo e das organizacións de carreiras por montaña.

As Carreiras por montaña pertecen a unha disciplina incluída dentro do
conxunto de actividades que recollen os estatutos da Federación Galega
de Montañismo, é unha especialidade deportiva que se manifesta a través
de carreiras por baixa, media e alta montaña, xa sexa estival ou invernal,
realizándose o itinerario a pé, e no menor tempo posible. As competicións
de Carreiras por Montaña (Copa e Campionato) teñen como obxectivo:
Reunir en competición os mellores equipos e corredores dos Clubs de Montaña.
Axudar a evolución de esta especialidade deportiva na nosa comunidade.
Servir de referencia para a selección dos deportistas que deban representar
a FGM nas competicións nacionais e internacionais oficiais.

 

Regulamentos a ter en conta para todas as carreiras do    
Circuito Galego por Montaña Terra, é o da Federación
Galega de Montañismo.

REGULAMENTO CxM da FGMRegulamento Carreiras FGM-19

Regulamento Circuito Galego por Montaña TERRA: Regulamento Circuito Galego por Montaña TERRA-2019