O día 1 de maio en Ponteareas,  organizado polo Club Caminhantes do Condado  e cun itinerario que salvaba os desniveis entre Ponteareas e o Monte Picaraña,  tivo lugar o Campionato Galego de Carreiras por Montaña da F.G.M. de Cadetes dentro do Open II Subida a Picaraña.

A proba foi un éxito de organización e contou con boa participación de corredores, cara a divulgación entre os nosos xóvenes  desta modalidade deportiva.