1.‐ ORGANIZACION E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e Teo, organiza o II Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2018, que se celebrará o día 1 Setembro do 2018, con saída en A Agrela (Teo) e chegada en Padrón (Praza de Macías).

1.2.- Tipos de probas.

Distancia Larga: Modalidade competitiva con unha distancia de 21,5 kms. Desnivel positivo aproximado de 1.350 m e un desnivel acumulado de 3.000 m. Dificultade física: alta Dificultade técnica: alta 3 Avituallamentos (líquido + sólido)

Distancia Corta: Modalidade competitiva con unha distancia de 14 kms. Desnivel positivo aproximado de 700 m e un desnivel acumulado de 1.700 m. Dificultade física: media Dificultade técnica: media 2 Avituallamentos (líquido + sólido)

Punto de corte Carreira Longa: O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as antenas do monte Meda. Alí estará o 3º avituallamento, desde o cal, estes corredores seguirán o trazado da proba como o resto de participantes.

2.‐PERCORRIDO 2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela, recorre os montes de Lampai en dirección o monte Meda, coroando as cimas máis importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda. As dúas probas sairán xuntas, separándose os 800m da saída. Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón ata a saída. Os autobuses sairán a partir das 15:30 do Campo do Souto (campo da feira). Elevación máxima: 448 m Elevación mínima: 13 m Pendente máxima de subida: 40% Pendente máxima de baixada: 41% Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s

3.‐ PROGRAMA 01 de Setembro (sábado) 14:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Praza de Macias en Padrón- Zona de Meta) 16:00 – Inicio de transporte (autobuses) dos corredores para a saída en A Agrela, desde o campo da feira (O Souto). 17:00 – Saída da proba (de forma conxunta) 20:00 – Corte horario no alto dos muíños eólicos, solo proba longa (Km 14,5). 18:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores da proba curta. 19:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores da proba longa. 21:00 – Peche de Meta. 21:30 – Cerimonia de entrega de premios e pincho final de proba.

REGULAMENTO.