V MARATÓN POR MONTAÑA “A CAMELIA” 2019 - Inscríbete

V MARATÓN por MONTAÑA “A CAMELIA” 2019

1.‐ ORGANIZACIÓN E TIPO DE PROBA

1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Vedra, organiza o V Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, que se celebrará o día 03 de Febreiro do 2019, con saída na Área recreativa de Agronovo e chegada en Vedra (Pabellón de Deportes).

1.2.- Tipo de proba. MARATÓN: Modalidade competitiva no federada, con unha distancia de 42 kms. Desnivel positivo aproximado de 1.800 m e un desnivel acumulado de 3.500 m. Dificultade física: alta Dificultade técnica: media 6 Avituallamentos (1 líquidos + 5 sólidos) A saída da Maratón será as (9:00h), trasladándose os participantes en autobús desde o Pavillón Polideportivo de Vedra (as 8:30). Existirá un tempo límite de 7:00h, contadas desde a saída, polo que o participante que supere as 5.00h nun punto no que haberá unha persoa de control (Km 30,5), deberá desviarse obrigatoriamente polo trazado alternativo.

2.‐PERCORRIDO

2.1.- O itinerario recorre os montes e camiños de gran parte do Concello de Vedra, adentrándose tamén, nos concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela e Teo. Sendas cheas de historia, lendas e tradicións, moldeadas pola forza da natureza. Tamén haberá tramos de asfalto, tanto na saída como na chegada, así como enlaces entre distintas zonas. Maratón Elevación máxima: 540 m Elevación mínima: 46 m Pendente máxima de subida: 36% Pendente máxima de baixada: 37% Distancia de asfalto acumulada: 3,5 kms

3.‐ PROGRAMA

03 de Febreiro (domingo)
07:30–Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais. (Pavillón Polideportivo de Vedra- Zona de Meta)
08:30–Fin da entrega de dorsais para a Maratón. Inicio de transporte (autobuses) dos corredores da Maratón.
09:00–Saída da Maratón.
14:00–Corte horario da Maratón no Km 30,5 (desvío obrigatorio)
13:00–Chegada prevista dos primeiros corredores da Maratón.
14:30–Cerimonia de entrega de premios.
16:00–Peche de Meta e clausura da proba.

4.‐ PARTICIPACIÓN

4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que pode desenrolarse baixo condicións climáticas de frío, choiva e vento, polo cal debe prever que a súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de montaña. A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as condicións do presente Reglamento e participan baixo a súa enteira responsabilidade, afirman poseer unhas condicións físicas suficientes para a realización da proba. Material Recomendado (tendo en conta a climatoloxía de un mes de Febreiro): – Chuvasqueiro ou cortaventos – Teléfono Móbil con carga suficiente – Reserva de auga de ½ litro -Obrigatorio vaso ou recipiente similar para os corredores da Maratón (non se repartirán vasos nos avituallamentos).

4.2.- O percorrido estará señalizado pola organización con cinta plástica de color vivo, pintura, carteis indicadores ou outros elementos de señalización. E responsabilidade de cada participante localizar a señalización e seguila.

4.3.- Os tramos que discorran por carreteras, non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes respetar as normas de Tráfico e indicacións da Organización. Importante prestar atención o cruce da N-525, donde habrá unha persoa da organización xestionando ese punto (Km 24). Coordenadas: 42.783387, -8.435895

4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis reglamentarios establecidos.

4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no percorrido, incluso a suspensión da proba, si as condicións meteorolóxicas así o aconsellan.

4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza (Rede Natura 2000, Vía da Prata, Camiño Miñoto/Ribeiro), polo que non debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fora das áreas de control. Será motivo de descalificación o incumprimento desta norma.

4.7.- O participante presta o seu consentimento a Organización do V Maratón por Montaña “A Camelia” 2019, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción e difusión da proba, de tódalas formas posibles. Calquer persoa inscrita poderá prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice@gmail.com A Organización garantira o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, o firmante queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o Club de Montaña Vértice a través do seu mail: cdmvertice@gmail.com

5.‐ INSCRICIÓN

5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos (cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 150 prazas.

5.2.- As inscricións poranse formalizar a partir do día 12 de novembro de 2018, a través da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html rellenando o formulario habilitado a tal efecto, e efectuando a transferencia bancaria correspondente. O prezo da inscrición será: 25€ Si antes da fecha de peche de inscricións (31 de xaneiro de 2019), se chegase a dito número, non se admitirán mais participantes. Unha vez realizada a inscrición, solo se accederá a devolución do importe en caso de lesión ou enfermedade, sendo necesario a presentación dun certificado médico mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice@gmail.com A inscrición e persoal e intransferible e supón a aceptación de este Reglamento e a renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente a inscrita.

6.‐ CATEGORÍAS E PREMIOS 6.1.- Maratón: Trofeos os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables): Categoría absoluta masculina e feminina, Veteranos (+40) masculina e feminina Clasificación por Equipos/Clubs( tres primeiros): Os equipos terán que estar formados por un mínimo de 3 compoñentes, formalizando a inscrición co mesmo nome de equipo. Camiseta técnica a tod@s @s participantes da Maratón Pincho Final na Meta para tod@s.

7.‐ AVITUALLAMENTOS 7.1.- Como apoio, a Organización pon a disposición dos participantes os seguintes avituallamentos líquidos e sólidos: Km. 7– Puente Ulla – Líquido + Sólido Km. 14– Zona da canteira – Líquido + Sólido Km. 19,5– Pico Sacro– Líquido + Sólido Km. 25– Socastro – Líquido Km. 29,5– Ponte baixo a AP-53 – Líquido + Sólido Km. 35,5– Monte de San Fins – Líquido + sólido

8.‐ MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN

8.1.- Motivos de descalificación: Non pasar polos puntos de control establecidos Non realizar o recorrido completo Non respetar o itinerario balizado ou a señalización do recorrido Entrar na meta sin dorsal Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquer outro desperdicio), fora das zonas de avituallamentos e control) Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.‐ RETIRADA E ABANDONOS

9.1.- Calquer corredor porá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo o control máis próximo ou o persoal da Organización e entregando o dorsal. Si por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar hasta un punto de control, tendrá que avisar o corredor máis cercan ou esperar o vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.

9.2.- A Organización porá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio, etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan mermadas as súas condicións físicas para continuar en carreira.

9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles que o requiran.

10.‐ ENTREGA DE PREMIOS A entrega de premios farase a partir das 14:30h, acompañado dun picho final.

11.‐ OUTRA INFORMACIÓN

11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica. Tamén pondrá a disposición dos participantes as duchas e vestiarios do Pavillón Polideportivo Municipal (zona chegada).

11.2.- Coordenadas GPS: -Meta/Recollida de dorsal: 42.773046, -8.483207 -Saída Maratón: 42.754908, -8.408446

11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado deste Reglamento, así como os producidos nos desprazamentos ou desde o lugar en que se desenrola a carreira.

11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.