INFORMACIÓN DA CARREIRA:

VII CxM SAN MAMEDE

Maceda 20/05/2018

Campionato Galego de Clubs de CxM FGM

Enlace inscrición Club (AQUÍ) 

Carreira: 21Km. 1600m. desnivel positivo

 

CARREIRA 9:00 h
Centro Social de Castro de Escuadro
A proba consiste nun percorrido de aprox 21 km pola Serra de San Mamede con saída e chegada o pobo de Castro de Escuadro, pasando polo pobo da Teixeira para máis tarde acadar o cumio de San Mamede na Ermida do Santo a 1.613 mts para logo baixar novamente a Castro de Escuadro.
Dito percorrido estará asistido por voluntarios, ademais estará sinalizado con balizas de cor branca-vermella durante todo o traxecto. Haberá puntos de avituallamento nos ptos km:  6 (líquido), 7.5 (líquido e sólido), 10 (líquido e sólido) e 15 (líquido e sólido) e 19 (liquido).
Nesta modalidade a diferencia da modalidade “ANDAINA”, tódolos participantes deberán completar os 21 km dos que consta o percorrido.
Tódolos participantes na modalidade CARREIRA deberán levar permanentemente o dorsal colocado nun lugar ben visible.
A organización prevé uns tempos de paso e corte en determinados controis e un tempo máximo para a CARREIRA DE MONTAÑA:
KM. 7 ( 1 h. 5o min.) e KM 14 ( 3h. 15 min.) e un tempo máximo de 5 horas para completar a totalidade do percorrido.
 
En caso de que as condicións climatolóxicas sexan moi adversas, a organización habilitará un percorrido alternativo para garantir a seguridade dos participantes no evento.
 
Os corredores deberán ter as condicións físicas requeridas para a distancia e a dureza do itinerario. Levarán a indumentaria e o calzado axeitados para a modalidade deportiva na que se inscriban.
 
PREMIOS
 
Entregaranse trofeos conmemorativos os tres primeiros/as clasificados/as das seguintes categorías:
– Absoluta Masculino e Femenina: os 3 primeiros/as clasificados/as na proba.
– Mellor atleta local.
– O participante ou a participante mais veterán na proba.
– A proba conta cun “premio especial” para o corredor/a que chegue primeiro o Alto de San Mamede.
Na modalidade de CARREIRA DE MONTAÑA, a efectos da Copa Galega de Carreiras por Montaña, os participantes estarán ao disposto ou recollido no regulamento de competición das carreiras por Montaña da FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO.
Os participantes que se inscriban en calquera das probas CARREIRA e ANDAINA non poderán tomar a saída acompañados de animais.
 
Un ano mais este evento ten un lado solidario que nos define, este ano decidimos aportar o 20 % da recaudación das inscricicions o seguinte proxecto promovido pola ASAMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA DE MACEDA:
Programa: Loita contra a pobreza e a exclusión
Colectivo: Persoas afectadas pola crisis socioeconómica en xeral (ingresos menores a 500€/mes) en particular.
 
RETIRADA DE DORSAIS
 
Poderanse retirar o día anterior sábado 19 de Maio de 18:00 a 21:00 horas no Castelo de Maceda, ou o mesmo día da proba ata media hora antes do inicio da proba. Para a retirada de dorsais será obrigatorio presentar o DNI ou pasaporte e no caso de atletas federados licencia federativa en vigor do participante inscrito na proba, podendo retirarse por unha persoa distinta ó destinatario, facéndose esta responsable, eximindo de toda responsabilidade á organización.
No caso do atletas federados as licencias federativas serán devoltas pola organización ó interesado unha vez rematada a proba.